CÓDIGO DIGITAL #QUEDANACASA

Como sabedes, actualmente estamos vivindo unha situación difícil para todos, por iso, a nosa tenda física manterémola pechada, pero seguimos ofrecendo os nosos servizos na medida do posible.

Podemos ofrecerche servizo técnico remoto cando o precises, tanto como para instalar algún programa ou ben para corrixir erros do sistema operativo, sempre e cando sexa posible a conexión remota e dispoñas de internet en casa.

Por outra parte, tamén che podemos ofrecer todo tipo de material informático (portátiles, ordenadores de sobremesa, monitores, impresoras, etc) enviándoo ao teu domicilio.

Non dubides en contactar con nós para consultar máis información ou pedirnos presuposto sen compromiso.

Tes todas as nosas vías de contacto en https://codigodigital.es/contacto

Esperamos que todos vós e os voso estedes ben e que poidamos volver á normalidade pronto.

Nuestra página web utiliza cookies para ofrecerte un mejor servicio. Al continuar navegando, consideramos que aceptas su uso y nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies