Días Azuis do Comercio Galego

A campaña «Días Azuis do Comercio Galego» é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia en colaboración coas federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia.

A campaña tivo lugar entre o 7 e o 21 de Maio de 2018 e nela puideron participar todos os clientes do comercio de proximidade de Galicia que mercaron nesas datas. Entre eles sorteáronse 16.200 euros en premios, distribuídos en 28 tarxetas prepago regalo de 300 euros (7 por provincia) e 52 tarxetas de 150 euros (13 por provincia), que deberán ser empregados para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos ata o 30 de xuño de 2018. O sorteo realizouse ante notario o 25 de Maio de 2018.

Para participar na campaña, proporcionamos 2 maneiras diferentes:

  • Rexistrar a túa compra nesta mesma páxina web www.diasazuis.com
  • Coa colaboración do comerciante, sendo el o que rexistrase a túa compra a través da páxina web www.diasazuis.com/comercios. Deste xeito, tu como consumidor obterías unha participación a maiores para o sorteo.

* En ámbolos dous casos, ti como cliente debías fotografiar e/ou gardar o teu tícket de compra como xustificante da mesma.

Os gañadores dos premios foron contactados pola Federación Galega de Comercio para informarlles do premio obtido e cando sería entregado. Así mesmo, os gañadores do sorteo publicáronse nesta mesma páxina web unha vez finalizada a campaña.

Nuestra página web utiliza cookies para ofrecerte un mejor servicio. Al continuar navegando, consideramos que aceptas su uso y nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies