Subvención para Comercios 2013 de la Xunta de Galicia
Hola, un ano máis volve a subvención para comercios para facer unha páxina web ou tenda online. Publicouse o día 21 de Xuño de 2013 no seguinte DOG:
Tendes ata o día 22 de xullo de 2013 para presentar a solicitude.
Nesta ocasión a tramitación das solicitudes facedela vos, ou a vosa xestoría, a traves de internet moi facilmente.
A oferta que vos propoñemos para facer unha páxina web ou unha tenda online é a seguinte:
Para a páxina web comercial:
- Hasta 7 seccións do tipo: Inicio, empresa, tenda, servizos, produtos, cursos, blog, Localización, Contacto.
- Realización das fotografías necesarias para a realización da páxina web.
- Formación para a actualización das seccións.
- E tódolos requisitos establecidos pola subvención.
O coste sería de 250 €* + IVA e ademais durante os 5 primeiros anos non teriades que pagar nada mais.
Para a Tenda Online para vender por internet:
- Instalación e programación da Tenda Online.
- Personalización da tenda online co logo da empresa.
- Complemento de noticias.
- Instalación da plataforma de pago con tarxeta de crédito (se se solicita).
- Os textos de: Envíos, métodos de pago, datos de contacto da empresa e aviso legal.
- Formación para a utilización da plataforma de administración.
- E tódolos requisitos establecidos pola subvención.
O coste sería de 250 €* + IVA e ademais durante os 5 primeiros anos non teriades que pagar nada mais.
Se necesitades algunha información adicional ou tendes algunha pregunta non dudedes en chamarnos para consultarnola sen compromiso ningún. Dende a sección de contacto podedes ver todalas formas que tendes para contactar connosco.
Non esperedes o última día !!!
xa que tendes que facer algunha solicitude antes de que acabe o prazo de presentación.
* inclue un desconto do 75% de subvención da Xunta de Galicia para concellos de menos de 5.000 habitantes. Para o resto de concellos e un 70% de desconto.